jueves, 28marzo, 2024
18.1 C
Seville

Denuncia usuario SERGAS: Se esta especulando con la medicación

- Publicidad -

análisis

- Publicidad -

Quero denunciar como usuario do SERGAS e como cidadán a situación que estou a vivir polo desabastecemento de medicamentos que se está a producir en todo o estado. Dende xullo deste ano hai problemas para conseguir o medicamento que estou a tomar «Apocard». Segundo os medios de comunicación foi debido a unha fusión empresarial. Como medicamento que me controla as arritmias, situación que pode ter consecuencias graves, non podo deixalo de tomar. En Xullo cando fun á farmacia, como todos os meses, para conseguir o medicamento, dinme que non o hai en toda Galicia. Encontreime co problema de golpe sen ter recibido tan sequera algunha información da administración. Tiven que aproveitar un desprazamento feito ao día seguinte a Estremadura para poder conseguir unha caixa. A día de hoxe coméntanme nas farmacias que segue o desabastecemento. Tamén, a día de hoxe as autoridades sanitarias non comunicaron nada ao respecto, nin pediron explicacións aos laboratorios por esta situación. Este problema afecta a case 500.000 persoas en todo o estado no caso de este medicamento, pero hai moitos outros medicamentos que están a sufrir o mesmo problema. Estase a especular coa medicación da cidadanía.

Na páxina da “Axencia española de medicamentos e produtos sanitarios” pon que o problema xa está resolto, e non é certo. Cando acudo a algunha farmacia que non é a miña, dinme que non hai, que o problema ainda sigue. Teño que acudir á farmacia do meu barrio e pedirlle por favor que me reserven unha caixa.

Na web da Axencia de medicamentos, e na súa paxina de desabastecementos, nos encontramos con que hai xa 400 medicamentos con problemas de subministro. En xullo a cantidade era de 380. A cifra segue a aumentar.

Loxicamente non todos os medicamentos son iguais, e algúns pódense cambiar por outros sen problemas, pero no meu caso, e seguro que no de moitas outras doenzas, o cambio non é tan sinxelo. O cardiólogo advertiume sobre o uso de xenéricos, que non todos tiñan as mesmas garantías de calidade e os mesmos efectos.

E por si fora pouco, si me encontrase nunha situación deste tipo, teño que pedir cita ao meu cardiólogo para que me recete outro alternativo, cita que non sei de cantos meses poderiamosmos estar a falar.

O que quero dicir con todo isto é que os laboratorios e as distribuidoras están a xogar coa saúde da cidadanía. Un xogo que para moitas doenzas pode acadar serios problemas. E non se está a facer nada, salvo anotar nunha web as carencias existentes.

Ningún goberno ou institución dixeron nada ao respecto ata o de agora, nin lle esixiron explicacións a estas empresas.

A maioría dos profesionais cos que falei, dixéronme que os motivos principais destes desabastecementos son que ou ben a administración non fai os pagos acordados no seu tempo, que certos medicamentos son mais rendibles noutros países, provocando desabastecemento noutros, ou movementos especulativos das distribuidoras que provocan desabastecementos en zonas determinadas.

Aquí tedes un comunicado do SERGAS aos profesionais sobre o medicamento Apocard:

“Meda Pharma ha comunicado que la semana pasada distribuyeron suficientes unidades de la presentación de 60 comprimidos para cubrir casi 15 días de suministro, las cuales serán recibidas a lo largo de esta semana por parte de las entidades de distribución. Además, ha comunicado que está monitorizando la distribución de Aporcard 100 mg comprimidos para evitar que os mayoristas que primero piden se lleven todo el stock disponible, o gran parte y otros mayoristas (y por extensión, otras zonas geográficas) se queden sin stock. Ahora mismo disponen de stock de la presentación de 30 y 60 comprimidos (alrededor de 18 días para la presentación de 30 y 10 días para la de 60 comp.), y prevén recibir antes del próximo 10 de octubre unidades de la presentación de 60 comprimidos y durante la segunda quincena de octubre más unidades de la presentación de 30 comprimidos. Se han solicitado al laboratorio los datos de distribución, los cuales están disponibles para quien los precise.”

Un texto que aclara o descontrol na distribución de medicamentos. Tamén nos encontramos con noticias como a sanción que sufriu unha farmacia de Cerceda:

Multan a una farmacia de Cerceda con 60.001euros por la venta irregular de un medicamento.”

O que demostra, cando menos, que algo está a pasar cos medicamentos, é que os gobernos non están a facer todo o que deberían para esixir responsabilidades a estas multinacionais e as súas distribuidoras.

Non podemos aceptar as explicacións que en xullo deu o laboratorio que subministra “Apocard” de que por lo visto debeuse a unha fusión empresarial. Non podo entender que tras unha fusión se paralice a produción. Esta é unha moi mala escusa coa que nos insultan ademais de provocar preocupacións, e posiblemente para moitas e moitos, empeoramento nas súas doenzas.

Tamén estamos a ver estes días nas redes, como os gobernos de Francia, Inglaterra e Portugal están facendo campañas públicas en previsión do desabastecemento doutro medicamento que utilizan as doentes de Parkinson : ”SINEMET”.

Neste país non hai ningunha campaña de advertencia ni a que canais teñen que acudir as doentes para solicitar tratamento axeitado en caso de desabastecemento, como sí se está a facer neses países.

Esixo, como cidadán que pago os meus impostos, unha explicación a esta situación terceiromundista, na que se permite que un laboratorio produza desabastecemento de medicamentos vitais con excusas peregrinas, e poñan en perigo a vida de centos de miles de persoas sen ter consecuencias. No caso concreto do “Apocard”, no seu momento esgotáronse todas as existencias, incluídos os xenéricos. Descoñezo que consecuencias poido ter para moitas e moitos.

Quédanos claro, unha vez mais, que a consecución de beneficios no sector privado, esta por riba da saúde e a seguridade da cidadanía. Algo que nos debe facer reflexionar a todas e todos, e loitar para conseguir unha sanidade 100% pública.

Pido aos grupos parlamentarios comprometidos cunha sanidade 100% publica que fagan o posible para pedirlles explicacións aos laboratorios e distribuidoras responsables a través do goberno, e que se estableza un réxime sancionador ante situacións de este tipo, ou garantir cando menos, a través de medios públicos, a produción de calquera medicamento vital.

Estamos a falar da vida das persoas e non podemos consentir estas anomalías.
Aquí tedes o enlace do ministerio onde están os medicamentos con problemas de subministro e que son en total 400, e a lista sigue a aumentar. O Apocard aparece como problema resolto dende o 7 de Agosto, pero aínda hai problemas co seu subministro.

Tamén vai un exemplo da campaña de comunicación en Portugal ofrecendo solucións á cidadanía portuguesa, como debe ser. Campañas que tamén se están a facer en Francia e Inglaterra.

Queremos que estes sexan temas de debate no parlamento, e se poña fin a esta situación terceiromundista onde só priman os intereses empresariais por riba da saúde da cidadanía.

E para acabar, comentar que presentei unha reclamación ao SERGAS, da que aínda non tiven resposta, e outra ante a Valedora do Pobo que sí contestou, aceptando a miña denuncia comentando que recadaría as informacións pertinentes ante o SERGAS.

Nas imaxes de abaixo está a información da “Axencia Española de Medicamentos e productos sanitarios” cos problemas de desabastecemento de “apocard”, “sinemet” e os ata o de agora 400 medicamentos en total. Como vedes Apocard 100mg pon que o problema está resolto e non é certo.
Penso que é un tema importante e que se esta a xogar coa saúde de milleiros de doentes.

parkinsonPortugal

 

J.M.R.

- Publicidad -
- Publicidad -

Relacionadas

- Publicidad -
- Publicidad -

DEJA UNA RESPUESTA

Comentario
Introduce tu nombre

- Publicidad -
- Publicidad -
- Publicidad -
- Publicidad -

últimos artículos

- Publicidad -
- Publicidad -

lo + leído

- Publicidad -

lo + leído